A contabilidade convertiuse nun sistema organizado para dar a coñece-la
información económica e financeira das empresas, e nun
instrumento fundamental para facilita-la súa relación
con terceiras persoas.
O noso departamento de auditoría, aplicando as normas técnicas
de traballo, ocúpase da revisión e verificación
das contas anuais ó obxecto de informar se expresan a "imaxe
fiel" do patrimonio e da situación financeira da empresa,
así como o resultado das súas operacións e os
recursos obtidos e aplicados, o mesmo tempo que se verificará
a concordancia do informe de xestión coas contas anuais.
Desta forma asegúrase a maior fidelidade posible desa información,
mediante a revisión e verificación dos documentos contables
realizada por un auditor de contas, ó obxecto de emitir un
informe que poida ter efectos ante terceiros.